Plácido Álvarez Dobaño, repite como candidato do PP en Muiños

Presentacion.Candidato.Muinos.2019.web
Plácido Álvarez Dobaño, repite como candidato do PP en Muiños

O presidente provincial, Manuel Baltar, lobou “a constante actitude de reivindicación dun dos alcaldes con maior apoio na provincia, pensando sempre en crave local, de comarca e de provincia á hora de imaxinar e formular ideas e proxectos”.

Plácido Álvarez Dobaño (Muíños, 1958) optará a revalidar unha nova maioría absoluta nas eleccións locais de maio liderando a candidatura que o Partido Popular presentará en Muíños, concello do que fala con orgullo á hora de cualificalo como “referente de turismo interior e políticas sociais”. Dous ámbitos, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar, que serven como exemplo para definir “a constante actitude de reivindicación dun dos alcaldes con maior apoio na provincia, pensando sempre en crave local, de comarca e de provincia”.

Tras vinte e oito anos na corporación de Muíños, vinte e catro deles como rexedor, Álvarez Dobaño afirma que “o concello experimentou unha evolución constante en infraestruturas, de tal xeito que os 38 núcleos de poboación teñen un nivel medio-alto en servizos básicos”. Non obstante, os maiores logros que destaca están relacionados co turismo e os servizos sociais.

“Conseguimos situar a Muíños no mapa do turismo interior de Galicia, cun dos mellores complexos deportivos e de ocio da provincia e da comunidade ou máis dun cento de quilómetros de sendeiros e rutas BTT, aproveitando tamén á área natural do Xurés”. Polo que respecta aos servizos sociais, asegura, “somos un concello pioneiro, cunha residencia e centro de día, que en breve terá vinte prazas máis, así como un amplo servizo de axuda no fogar, o comedor sobre rodas ou o centro de información á muller”.

“Todo isto esíxenos un esforzo moi importante de mantemento e de mellora que continuaremos nun próximo mandato, como tamén faremos un gran labor para seguir a mellorar a calidade das augas, ámbito no que reivindicaremos melloras progresivas nos encoros das Conchas e Salas”, anuncia Álvarez.

Para o candidato, defensor da comarcalización, “compre polo noso futuro e eficiencia dos recursos coordinar servizos cos concellos da contorna, o que xa vimos de facer nalgúns ámbitos e mesmo con actividades e festexos populares para non coincidir”.

Para o presidente provincial, Manuel Baltar, “falar de Plácido Álvarez é sinónimo de seguridade, de garantía de traballo, de compromiso e de rigor, cualidades fundamentais que ten amosado todos estes anos como alcalde de Muíños e na súa condición de portavoz do goberno provincial”.

O candidato, dixo, “amosou sempre unha incansable capacidade de traballo, pero sobre todo para imaxinar, planificar e plantexar proxectos, ao que sen dúbida tamén lle axuda esa visión da vida local que lle aporta o seu labor como secretario municipal”.

Todo isto, engadaiu Baltar “convirte a Álvarez nun dos alcaldes con maior apoio da provincia, ata o punto de que no mandato de 2011 foi quen de conseguir todos os concelleiros da corporación”.

O presidente provincial, Manuel Baltar, amosouse convencido de que o candidato “obterá unha nova maioría como recompensa a un traballo centrado na atención aos servizos sociais, na preservación dos valores medio ambientais do concello e nunha mellora permanente das infraestruturas”.