"Planta asfáltica" e almacén privado, no medio do polígono de Xinzo

Planta asfáltica improvisada no medio do polígono
"Planta asfáltica" e almacén privado, no medio do polígono de Xinzo

Nun espazo de zona verde

A directiva da Asociación de empresarios do polígono de Xinzo quere chamar a atención do Concello por unhas situacións que se están a dar dende fai tempo e que non poden continuar desta maneira, sobre todo despois de dar avisos, sen que por parte do consistorio se lle de solución.

20220503_183906

Planta asfáltica en espazo público e zona verde

A primeira das cuestións que queren “denunciar” é a actividade que unha empresa privada está a levar na zona exclusivamente de zona verde e para servicios do propio parque empresarial. Unha empresa privada, entenden que sen autorización do concello, está a realizar unha actividade de almacenamento de area e varias máquinas que se utilizan para facer asfalto.

ZONA DE ALMACENAMENTO DE RESÍDUOS

20220503_183855
Resíduos e lixo na parcela propiedade do concello

Outra das chamadas de atención ao concello é a de que, nunha parcela pertencente ao propio concello sirve de almacenamento de lixo, e ata de residuos de podas e segas de xardíns, que os propios operarios do concello veñen a valeirar.

De non tomar nota urxente destas cuestións manifesta un dos membros da directiva os empresarios terán que facer as denuncias aos servicios de medio ambiente da Xunta.

20220503_182648