Pleno ordinario, moi económico

Sesión plenaria 07.07.22
Pleno ordinario, moi económico

Mañá venres a partir das nove horas

A Corporación Municipal de Xinzo celebrará, mañá unha sesión ordinaria na que a maioría dos puntos da orde do día son temas económicos.

Suplemento de créditos para dúas partidas a conta de remanente de anos anteriores, recoñecemento de facturas sen pagar do ano 2021 e Expedinte de Reparo por parte da Intervención do Concello, son os puntos máis importantes a tratar na sesión de mañá.

Tamén se acordaran os días festivos do ano 23 e o capítulo de rogos e preguntas.