Patricia F.S
12 de noviembre de 2015, 13:40
A xente que se achegou ata a praza de Oriente puido encher a barriga cos 50 quilos de chourizos asados que rápido se acabaron. As castañas duraron ata o final da festa na que non faltou o viño tinto como manda a tradición. As boas temperaturas que se rexistraron na noite do mércores, animaron ós veciños e veciñas a disfrutar do magosto do concello. Un grupo de gaiteiros puxo a nota musical do festexo.