lunes 25/10/21
Poesía

Poetas de tres continentes daranse cita na Fundación Curros Enríquez

Será baixo a coordinación de José María Paz Gago

Pres. libro sobre Benito Cancela. Casa dos Poetas 2017 (1)
Imaxe de arquivo da Casa dos Poetas en Celanova.

Hoxe domingo, día 6 de agosto en torno ás 19:30 horas, visitarán a Casa dos Poetas de Celanova, varios escritores de América, África e Europa.

Será baixo a coordinación de José María Paz Gago.

Baixo a coordinación de José María Paz Gago, membro da Fundación Curros Enríquez e catedrático da Universidade da Coruña na área de Teoría da Literatura, os poetas dominicanos Rosa Silverio e José Enrique Delmonte –que acaba de recibir o Premio León Felipe de Poesía– lerán o seus versos na Horta da Palabra.

Pola súa parte, a actriz senegalesa Benedicta Sar recitará poemas de Leopold Sedar Senghor, recital no que o propio escritor celanovés José María Paz Gago contribuirá coas sus composicións.