A Policía Local vixiará mais os parques

placa-señal-prohibido-orinar-perros
A Policía Local vixiará mais os parques

Haberá sancións aos propietarios que "desatendan" a súa mascota.

Tal e como se tratou no peno municipal, o aumento de excrementos de animais de compañía nos parques de Xinzo parece que vai en aumento.

O alcalde deulle instruccións á Policía Local para que cando estean polos parques da vila, se fixen se hai algún animal que esté "desatendido" polo seu dono, e nese caso se proceda a incoar un expediente sancionador, que sexa disuasorio para outras persoas. O rexedor quere que así se "corra a voz" de que se non atendemos ben as nosas mascotas e deixamos os seus excrementos nos parques, ese acto ten unha consecuencia en forma de sanción, "e seguro que con iso é suficiente".

Esta medida pretende e concienciar á veciñanza de que os parques son para goce de todos e, xa que logo, teñen que estar en condicións hixiénicas aceptables. "Nunca se pretende que esta medida sexa recaudatoria, pois o noso obxectivo é que os nosos policías non teñan que poñer ningunha sanción", afirma o rexedor.