O polígono industrial contará pronto cunha rotonda

poligono-xinzo-limia
O polígono industrial contará pronto cunha rotonda

Cunha subvención de 70.000€ da Deputación Provincial

O que anunciara o alcalde fai tempo, será unha realidade en breve prazo. Grazas a unha subvención da Deputación Provincial de 70.000 € a entrada e saída do polígono industrial contará con unha rotonda, que facilitará o tráfico non solo para o propio polígono se non tamén será o punto de partida da futura rotonda que unirá esta parte de Xinzo coa rotonda da carretara de Portugal pola carretara de Lamas e Blancos.

Esta circunvalación prevista para un curto prazo retirará do centro de Xinzo o tráfico pesado que dende a autovía vai dirección a Portugal ou ben os camións que se dirixen as granxas da zona de Lamas e dos concellos limítrofes de Porqueira, Blancos, Calvos e ós de Muiños .