Os populares tratan de demagogos ao grupo de goberno de Xinzo

Grupo Popular de Xinzo
Os populares tratan de demagogos ao grupo de goberno de Xinzo

Pedimos que dende o noso Concello se tomen as decisións económicas para axudar a todos os sectores afectados polos peches e restricións.

Hostalería pechada, comercio con limitacións de aforo, empresas facturando mínimos históricos, autónom@s afogad@s polas taxas trala redución de ingresos, ... Todo este esforzo para superar unha pandemia que leva meses restrinxindo as nosas vidas.

Dende o Grupo Municipal Popular, unha vez máis, pedimos que dende o noso Concello se tomen as decisións económicas para axudar a todos os sectores afectados polos peches e restricións.

Volta ciclista 2020011

Seguimos esperando pola convocatoria, por parte do Grupo de Goberno, das comisións pertinentes que aporten ideas e medidas para paliar no posible este futuro económico incerto. Ademais de firmar acordos por unanimidade para instar as outras institucións a que concedan axudas ou rebaixen impostos e taxas.

Outros Concellos afectados polos mesmos peches e restricións tomaron medidas ao respecto, estiveron ao carón das súas veciñas e veciños. Nós queremos o mesmo do noso Concello e o seu Grupo de Goberno. Non vale só criticar as decisións que toman as institucións gobernadas polo PP e calar cando se toman dende o Goberno Central.

O Grupo Municipal Popular estivo, está e estará sempre coa súa veciñanza, instando a calquera goberno e institución, sexa do color que sexa. Xinzo e a súa cidadanía necesita feitos e non fotos, necesita axudas e non obras de titular de prensa, necesita apoio e non demagoxia.