Nota de prensa literal:
Nunca podes esquecerte das persoas que nos momentos máis complicados deron un paso adiante e co seu traballo lograron, aínda con moito risco, minimizar os efectos dunha pandemia e dun confinamento como non se recorda nos últimos tempos.
Persoas que formaron unha primeira liña na loita contra a Covid 19. Persoas que saían das súas casas para que o resto estivésemos tranquilos nas nosas. Heroínas e heroes que no deron un paso atrás durante o Estado de Alarma.
O persoal sanitario foi a punta dunha lanza composta pola profesionalidade da xente dos servizos esenciais; supermercados, farmacias, limpeza, transporte, ensinanza, desinfección, voluntariado, seguridade, emerxencias,...
Homes e mulleres que dende o seu posto de traballo ou coa colaboración desinteresada, cargaron no seu lombo coa responsabilidade de que a Covid 19 non nos vencese.
Por isto, dende o Grupo Municipal Popular rexistramos a finais de marzo unha solicitude e hoxe unha moción onde pedimos a aprobación por parte do plenario do Concello de Xinzo de Limia dos seguintes acordos:
1.- Recoñecemento institucional do Concello de Xinzo de Limia a todos os colectivos que estiveron en primeira liña no Estado de Alarma
2.- Colocar unha escultura na memoria das vítimas e do esforzo de profesionais e voluntariado que estiveron na primeira liña; nun lugar simbólico da nosa vila.