sábado 22/1/22

Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos e Xinzo de Limia, teñen que confinar as aves de corral (Pitas, patos...)

Medio Rural recomenda esta medida e aumentar a vixilancia. Aínda que o serotipo H5 N1 detectado nos últimos meses na UE non contaxia a humanos, recomenda minimizar os contactos con aves mortas.

galiñeiro pitas
galiñeiro pitas

Establécense medidas específicas de protección orientadas fundamentalmente a evitar o contacto directo ou indirecto das aves domésticas con aves silvestres de calquera especie.

Prohíbese darlles ás aves de curral auga procedente de depósitos superficiais, fontes ou outras orixes ás que puideran ter accedido aves silvestres, ao non ser que a auga sufrira un tratamento de hixienización que garantira a inactivación de posibles virus da influenza aviaria.