Porqueira, Trasmiras e Vilar de Santos pasan a nivel máximo

positivos limia
Porqueira, Trasmiras e Vilar de Santos pasan a nivel máximo

Entre os tres concellos suman 79 positivos a día de hoxe

Mañá ás 12 da noite os concellos de Trasmiras, Porqueira e Vilar de Santos, xunto con Xinzo, quedarán con confinamento perimetral. Os tres primeiros co nivel máximo e Xinzo cunha nova denominación de Especial.

Os alcaldes e alcaldesa, comunicaron aos seus veciños os datos nas súas páxinas oficiais nos casos de Porqueira e Vilar de Santos e Trasmiras no facebook persoal do alcalde.

En todos os casos pídenlle aos seus veciños seguir extremando as precaucións, así como cumprir as medidas sanitarias recomendadas e todos eles informan, que os equipos de Protección Civil de cada concello están a disposición dos que o necesiten.

Susana Vázquez, alcaldesa de Porqueira invita aos seus veciños a que se AUTOCONFINEN voluntariamente limitando ao máximo as relacións con outras persoas.