O Partido Popular de Calvos de RandÃn reclama ao goberno local socialista o arranxo da estrada que conecta a capitalidade do Concello co veciño municipio de MuÃños e coa fronteira con Portugal, debido ao lamentable estado de abandono que presenta esta vÃa de titularidade municipal, denuncia o portavoz popular José Antonio Valencia.

O representante do PP afirma que con esta demanda faise eco das protestas que lle fai chegar a veciñanza de Calvos, MuÃños “e mesmo das zonas limÃtrofes de Portugal, que utilizan asiduamente esta estrada e teñen que padecer importantes deficiencias no firme pola súa total falta de mantementoâ€.
As fochancas e ata as pequenas gabias que atravesan a calzada “fan que esta estrada estea case impracticable, sobre todo nun tramo de preto de 700 metrosâ€, explicou. O abandono da vÃa, incidiu, “obsérvase perfectamente no lÃmite con MuÃños, pois mentres neste municipio o firme está en perfectas condicións, nada máis deixar atrás este concello e entrar en Calvos de RandÃn aparecen as deficienciasâ€.
José Antonio Valencia reclámalle ao goberno local que procure unha pronta solución a esta estrada, “pero ademais a outras vÃas municipais que tamén presentan problemas e que, de seguir no actual estado de desatención, seguro que sufrirán o mesmo deterioroâ€.
MELLORA DA SINALIZACIÓN HORIZONTAL ENTRE CALVOS DE RANDÃN, OS BLANCOS E XINZO DE LIMIA.
Tamén no ámbito das infraestruturas, José Antonio Valencia avanzou o resultado das xestións que realizou ante a Deputación de Ourense para a mellora da seguridade viaria na estrada provincial que une Calvos de RandÃn cos Blancos e Xinzo de Limia. Unha vÃa “na que se precisa unha actuación sobre a sinalización horizontal para que estea en óptimas condiciónsâ€, sinalou.
Anunciou neste sentido que a área de Infraestruturas da institución provincial procederá neste exercicio e no próximo ano ao repintado da sinalización na calzada naqueles puntos onde necesita que se reforce a súa función para a seguridade do tráfico.