O PP cualifica a iluminación da Dama da Lagoa de "entroidada"

Dama da Lagoa iluminada
O PP cualifica a iluminación da Dama da Lagoa de "entroidada"

Unhas luces vermellas de neon na base da estatua e un pouco de grava na rotonda, foi todo o que segundo as declaracións nos medios, co funcionamento do alumeado e a colocación dun bordillo, daban por rematadas as obras reclamadas por os Populares Limiaos.

No Partido Popular preguntámonos si este tipo de actuacións improvisadas e sin sentido, vai ser a tónica xaral das actuacións, nestes tres meses que quedan para as eleccións municipais con toda a batería de obras e supostas inversións millonarias, que ven anunciado ultimamente o Goberno Cuatripartito de Elvira Lama.

No caso das obras de embelecemento da Dama da Lagoa, os tres meses de atraso en rematar a instalación da Escultura foron, segundo as declaracións do Concello de Xinzo por incrible que poida parecer, literalmente: “debido fundamentalmente, a la climatología. Además, para elegir la mejor fórmula de adecuación de dicho entorno, se solicitó la opinión del arquitecto municipal y del propio artista…”

Continuaba dicindo o Concello nas declaracións oficiais feitas antes da execución das chapuceiras obras de embelecemento que: "Ya está avisada la empresa de iluminación que va a acometer esta parte y, en breve, se adecuará todo este entorno" "La lluvia tampoco favoreció el que pudiéramos empezar la obra antes…” Din que non puideron traballar en 90 dias pola chuvia, e logo que tiveron, un diluvio universal, ou que foi?

A Dama da Lagoa coa iluminación
A Dama da Lagoa coa iluminación

O Partido popular de Xinzo, achaca este atraso de tres meses, que foron noventa días de desidia e improvisacións, á descoordinación e disputas internas do cuatripartito municipal, que solo están pendentes “los unos de la otra y la otra de los unos”, metidos de cheo na carreira electoral e nas promesas de grandes obras, emulando ao Imperial parque acuático Ourensán, ao mais puro estilo do populista Gonzalo Perez Jácome, que encontrou na Alcaldesa de Xinzo unha avantaxada imitadora da sua forma de facer política electoralista.

Dende o Partido Popular Limiao, reclamamos ao Cuatripartito que deixen de tomarlle o pelo aos veciños e veciñas, que se deixen de fotografías e liortas internas e se poñan a traballar dunha vez, polo menos nestes tres meses que lle quedan de Goberno Municipal.

E que, deixen de tirar os cartos, e rematen dun xeito digno e definitivo a instalación e iluminación da Dama da Lagoa, que é unha autentica vergonza como a deixaron, tentando disimular estes noventa días de absoluto abandono, de todo.