O PP denuncia a falla de sensibilidad cara os empregados públicos no concello de Xinzo

Casa concello Xinzo
O PP denuncia a falla de sensibilidad cara os empregados públicos no concello de Xinzo
Están traballando sen calefacción,segundo indican na súa nota

O Partido Popular do Concello de Xinzo de Limia denuncia a falla de sensibilidade cara ós empregados públicos do concello pola carencia de calefacción nas propias dependencias municipais.

Atendendo as queixas recibidas polos traballadores, o grupo Popular entende que non é ético nen de recibo que, despois dos protocolos preventivos que impoñen as autoridades sanitarias recomendando a apertura das fiestras, se lle sume a carencia de calefacción, propiciando todo esto unha situación precaria para exercer as labores profesionais dos propios traballadores.

O Partido Popular denuncia, unha vez máis, a falla de criterio e a demora na xestión da alcaldesa e o seu goberno para cos traballadores pola situación na que se atopan ou se atoparon durante este periodo.