O PP di que o grupo de goberno fai inversións por amizades partidistas

O PP di que o grupo de goberno fai inversións por amizades partidistas
Desprezo, desidia, ameazas, prepotencia; son comportamentos que recibe a nosa cidadanía do Grupo de Goberno Municipal

Escoitar á veciñanza debe ser unhas das premisas de calquera goberno municipal, pero despois de dous anos, escoitar á veciñanza non entra na axenda do Goberno de Dna. Elvira Lama.

Desprezo, desidia, ameazas, prepotencia; son comportamentos que recibe a nosa cidadanía do Grupo de Goberno Municipal. Como exemplo atopamos as persoas do Grupo Municipal Popular canto escoitamos as reiteradas queixas das veciñas e veciños da Devesa, Pista dos Castros e Av. de Ourense polo mal estado do asfaltado, beirarrúas e cunetas.

Fochancas, beirarrúas desfeitas, maleza, lixo; son imaxes palpables tanto para as persoas que teñen o seu domicilio nesta zona como as usuarias e usuarios destas vías ou clientes de talleres, empresas ou supermercado que hai nesa zona.

A veciñanza reclama igualdade, reclama o remate da inxustiza que o Goberno municipal promove dividindo o noso Concello con cidadanía de primeira e cidadanía de segunda. Onde se fan inversións en certas zonas por amizades partidistas e non polo interese común do pobo.