No PP, non queren mulleres valentes, preparadas, con personalidade e con criterio propio

Montserrat Lama 3
No PP, non queren mulleres valentes, preparadas, con personalidade e con criterio propio

O do mércores é un contubernio manipulado

De todos os posibles candidatos que se viñan barallando nos últimos días Montse Lama, fixo unhas declaración en exclusiva a dendealimia.com preguntada pola posibilidade de presentar a súa candidatura a encabezar a lista do seu partido, despois dos oito anos como concelleira e catro como deputada provincial , referentes a convocatoria das “primarias” a levar a cabo ata o mércores, nas que aclara que ela NON se presentará polos motivos seguintes:

No Partido Popular non queren mulleres fortes, valentes preparadas e con opinión propia. Continuou dicindo que o do mércores non ten transparencia, non é máis que un contubernio manipulado.

De todas as persoas que se especulaba, una das que soaban, autodescartase totalmente.

Preguntada polo posible candidato ou candidata, non quixo manifestarse. Sobre o seu futuro político tampouco.