O PP quere que se faga unha remodelación total da praza S.Roque

Praza de S.Roque
O PP quere que se faga unha remodelación total da praza S.Roque
Levará unha moción para que se aprobe no próximo pleno municipal

O Partido Popular de Xinzo insta o goberno municipal a través de unha moción presentada para o seguinte plenario municipal da remodelación e posta en valor da praza san Roque.

Segundo o seu portavoz, Antonio Fernández Veiga “Toni “a praza san roque é un lugar emblemático no cal non chega con facer unha reposición mínima de lousas rotas se non que necesita unha reforma integral do total entorno de dita praza.

Entendemos por elo, unha rehumanización global, xa que esta, está nun estado lamentable e obsoleto, referíndonos a os alcorques levantados, fonte inoperativa, lousas rotas, así como un mamotreto de pedra a modo de palco sin funcionalidade algunha.

Praza, continúa diciendo a nota, que actua como un dos puntos neurálxicos importantes para o noso comercio, así como un espazo de disfrute e lecer para os nosos veciños e veciñas.

Dende o partido popular de Xinzo pensamos que xa é hora de executar proxectos propios de este cuatripartito e que se plasmen en realidades, xa que a única xestión que teñen ata o de agora foi a que lle deixou en herdanza o anterior goberno do partido popular, xa que non todo deben ser plantas e pintura que é ao que nos ten acostumados a señora alcaldesa.