O PP respónde as manifestacións de Elvira Lama

Instantánea da reunión mantida en Xinzo
O PP respónde as manifestacións de Elvira Lama

Despois da visita do Grupo parlamentar do PP a Xinzo, Elvira Lama fixo unhas manifestacións na conta de facebookque agora son contestadas polo grupo.

CARTA ABERTA A Sr. ALCALDESA DE XINZO DE LIMIA:

Estimada Sra. Elvira Lama:

O pasado martes día 14 lamentábase vostede no Facebook por non ter sido informada da visita á nosa vila das deputadas e deputados do Grupo Parlamentario Popular do parlamento de Galícia.

En tono faltón Sra. Alcaldesa que non viña a nada, e mesmo burlesco cos representantes que somos dos cidadáns, critica vostede a presenza dos Parlamentari@s e, presa dunha infantil "pataleta", afirma que a visita foi unha “parodia” na que “non se abordaron ideas, proxectos e iniciativas para Xinzo ou para o resto da comarca Limia, ou na defensa dos intereses do noso pobo”.

Pregúntolle eu, como chega vostede a esa conclusión Sra. Alcaldesa, ou é solo por "mal-meter"?.

Carlos Gómez con Pedro Puí
Carlos Gómez con Pedro Puí

Acostumada como esta Sra. Lama a saír en todas as fotos, acompañada frecuentemente por representantes socialistas prometendo unha e outra vez as mesmas obras e inversións, que nunca se materializan por certo, nin se van a executar nestes tres meses que faltan para rematar a lexislatura -por moito que o xure e o re-xure vostede- nos importes que con fines electoralistas vai aumentando en centos de milleiros de euros a medida que se acercan as eleccións. Sen dúbida, recoñézao Sra. Alcaldesa, que o fai para ter algo que vender na campaña das municipais do 28 de maio; Que para entón como moito, porán vostedes algún carteliño anunciando o proxecto estrela de turno, a lo Gonzalo Pérez Jácome co seu proxecto do Imperial parque acuático, e simulará que se empezan as obriñas para non quedar de mentireira, cousa que, por outra parte, no seu partido ultimamente é bastante frecuente. O tempo no lo dirá.

Pero xa que o pregunta, temo que a vou a decepcionar Sra. Alcaldesa: Naturalmente que se falou e abordaron ideas, proxectos e iniciativas para Xinzo. Faltaría mais!, e voullas contar para que se quede tranquila, e teña algo que comentar con coñecemento de causa:

Os deputados do Grupo Popular e o seu Portavoz interesáronse como non podía ser doutro xeito, por coñecer os investimentos e proxectos que están en marcha ou que ten feito a Xunta de Galícia en Xinzo e comarca. E persoalmente Sra. Alcaldesa, faleille deles, e tamén solicitei apoio para os proxectos e demandas que ten o Partido Popular de Xinzo para a vindeira lexislatura.

Tome nota: NO ÁMBITO DAS DEMANDAS NOMEEI CATRO PRIORIDADES QUE TEMOS OS POPULARES LIMIAOS PARA A VINDEIRA LEXISLATURA:

- NO EIDO DA CULTURA: da Construción e posta en marcha dun CENTRO MULTIUSOS e AUDITORIO MUNICIPAL no Campo da Feira, que será unha realidade na vindeira lexislatura cando os Populares recuperemos o Goberno Municipal.

- NO EIDO DA CREACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO E DEFENSA DA INDUSTRIA E O COMERCIO: da construción dun CENTRO DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS e dun VIVEIRO DE EMPRESAS no parque de Xinzo.

- NO EIDO DA POLÍTICA SOCIAL, falamos de retomar o proxecto demandado por o Alcalde Manuel Cabas no ano 2019 á Xunta de Galícia, para a CONSTRUCIÓN DUN NOVO XERIÁTRICO MUNICIPAL.

- Ou, no NO EIDO DO MEDIO RURAL E DO MEDIO AMBIENTE, tan importante para a nosa comarca, da urxente posta en marcha das medidas contempladas no Plan Estratéxico da Limia, coa MODERNIZACIÓN DO REGADÍO, a xestión sustentable dos residuos gandeiros e o seu procesamento coa CONSTRUCIÓN na Limia dunha PLANTA DE TRATAMENTO DOS XURROS no contesto dunha agricultura e gandería rendible e respectuosa co medio ambiente, que lle aporte ademais valor engadido a os nosos excelentes produtos.

En canto as ACTUACIÓNS EN EXECUCIÓN OU FINALIZADAS NESTA LEXISLATURA POLA XUNTA, Sra. Alcaldesa, xunto co Portavoz fixemos unha valoración por sectores:

- NA AGRICULTURA E GANDERÍA, abordamos a situación do sector primario que esta a atravesar serias dificultades, entre outras causas por a suba dos insumos e dos custes enerxéticos do último ano, e falamos Sra. Lama, das achegas e solucións que no ámbito das súas competencias ten aportado a Xunta de Galícia, non solo pero fundamentalmente a través do PLAN ESTRATÉXICO DO SECTOR AGRARIO DA LIMIA que Incorpora dúas actuacións.

O Plan extraordinario de melloras de camiños dotado con UN MILLÓN DE EUROS, e o

Plan de mellora e modernización do regadío da Limia cun investimento de SEIS MILLÓNS DE EUROS que se están executando para a construción, electrificación e bombeo dos 40 novos pozos para captación de auga.

- NO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA falamos da AMPLIACIÓN DO PARQUE EMPRESARIAL cun orzamento de TRES MILLOS E MEDIO DE EUROS para urbanizar 118.695 m² onde se crearan 23 NOVAS PARCELAS para instalación de novas empresas que fomentarán a tan necesaria CREACIÓN DE EMPLEO e riqueza en Xinzo e Comarca.

Nesta lexislatura como vostede sabe xa se consignaron, ademais dúas partidas orzamentarias da Xunta de Galícia por 147.000€ para o asfaltado e mellora das vías e para a instalación de cámaras de vixilancia.

- NO EIDO DA SANIDADE valoramos moi positivamente a CREACIÓN E ADXUDICACIÓN DE TRES NOVAS PRAZAS NOS SERVIZOS DE ATENCIÓN PRIMARIA de Xinzo e Trasmiras que vostede votou en contra, e que inclúen gardas no PAC. Empregándose a figura do facultativo especialista de atención primaria. Eliminando as vacantes nas prazas de difícil cobertura.

- A NIVEL DA ÁREA SANITARIA tamén valoramos moi positivamente o orzamento de CATRO MILLÓNS de Euros para o Hospital Público de Verín para a CONSTRUCIÓN DUN NOVO EDIFICIO DE URXENCIAS E PUNTO DE ATENCIÓN CONTINUADA (PAC).

E a INSTALACIÓN DE NOVA TECNOLOXÍA neste hospital, consistente nun novo TAC cun investimento de 301.108€, un ECÓGRAFO portátil por 26.602€, e un ECÓGRAFO DE RADIODIAGNÓSTICO por 87.120€

- NO EIDO DAS INFRAESTRUTURAS realizadas, comentamos a execución das obras recollidas no convenio asinado co Goberno do Partido Popular de Xinzo na anterior lexislatura, por DOUS MILLÓNS de Euros para melloras urbanas e de mobilidade na Avenida de Celanova, Pista Sitibal e beirarrúas da Avenida de Madrid, que melloraron de forma substancial a calidade urbana e a mobilidade en Xinzo de Limia-

NO EIDO DA CULTURA

Destaquei e puxen en valor as AXUDAS PARA ORGANIZACIÓN DO ENTROIDO de Interese turístico Internacional por valor de 60.000 €.

Tamén a Accesibilidade e posta en valor da TORRE DE PENA por 225.000€, ou a rehabilitación da REITORAL SANTA MARIÑA cun orzamento de 150,000

- NO EIDO DO EMPREGO E IGUALDADE falamos da implantación do PROGRAMA HYPATÍA DE ATENCIÓN A MULLERES VULNERABLES

A XUNTA de GALICIA investiu en global, no 2022, no Concello de Xinzo ao redor de 80.000 euros para o desenvolvemento de actuacións de promoción da igualdade, de conciliación e para o mantemento do seu Centro de Información á Muller (CIM).

- NO ÁMBITO COMARCAL, puxemos en valor o apoio da Xunta de Galícia ao CDR O VISO con perto de 900.000€ a través das Consellería de Política Socias e de Emprego e Igualdade, co financiamento de diferentes programas desenvolvidos por este Centro de Desenvolvemento Rural, dirixidos a persoal do ámbito rural, en moi diversas actividades: sanitarias, actividades saudables, apoio ás necesidades básicas das persoas, voluntariado ambiental, conciliación, coidado persoal e asistencia doméstica. Que son parte do gran traballo que desenvolve o CDR o VISO

Sra. Alcaldesa equivocouse vostede, o obxecto da visita do Grupo Popular non foi facer campaña, por iso con bo criterio e sensatez omitíronse estas ideas, proxectos e iniciativas na rolda de prensa. Nin o Portavoz nin os Deputados e Deputadas viñan a outra cousa que non fora poñer en valor os Entroidos, nomeadamente o de Xinzo, como destacou o Portavoz Pedro Puy, dicindo que “o Entroido Limiao é o único que ten o recoñecemento internacional, o que converte a Xinzo na capital de Galícia desta festa”.

Manifestou ademais que era "unha honra visitar a vila nestas datas”, e agradeceu a todos os implicados no Entroido, nomeadamente a Comisión organizadora aos colaboradores e veciños a súa participación, porque, "mantendo ano tras ano estas tradicións, conseguen que viva parte da nosa esencia popular, e axudan a dinamizar o sector turístico" e a economía local engado eu.

A visita Sra. Lama encadrábase dentro das actividades que os membros do Grupo Popular, e en todo caso no ámbito deste Partido, vimos facendo para coñecer de primeira man eventos que se celebran por toda a xeografía Galega.

Nesta ocasión ademais, os deputados do PPdeG trouxemos a Xinzo a habitual reunión de carácter interno que celebramos todos os luns para preparar a actividade parlamentaria da semana a cal non tería sentido invitala a vostede.

E con absoluta normalidade, despois da reunión do luns, Sra. Alcaldesa, e habitual que o Portavoz, nun exercicio de transparencia, ofrézase aos medios de comunicación para responder as súas preguntas e comentar dende a perspectiva popular temas de actualidade que estaba marcada nesta ocasión pola manifestación en Santiago en defensa da Sanidade.

Foi exactamente o que se fixo en Xinzo!.

Finalmente a media mañá, os deputados e deputadas, acompañados por Manuel Baltar ex Vicepresidente do Parlamento e Presidente provincial do PP, por Antonio Fernandez Portavoz Municipal dos Populares, e por Xavier Casares, Ex Deputado do PSdeG e Presidente da Fundación Carlos Casares fixemos unha visita ao Museo do Entroido e a Exposición os Mundos de Carlos Casares.

Que por certo, pensando nesta colección “Casariana· e, en DESALOXAR A PLANTA BAIXA DO MUGAE para dedicar o museo inegramente a temas relacionados cos Entroidos Galegos, a Deputación Provincial, leva na próxima modificación de créditos unha partida de 60.000€ para a adquisición dun edificio na Praza Maior de Xinzo que poida aloxar esta magnifica exposición.

Modificación de créditos na que estaremos moi atentos ao seu voto, porque non seria a primeira vez que vota vostede na Deputación de Ourense en contra de intereses dos veciños de Xinzo.

Esperamos que nesta ocasión o faga a favor da concesión dos 60.000€.

Un cordial saúdo

Xinzo de Limia 16 de febreiro 2023

Carlos Gómez Salgado

Deputado do Parlamento de Galícia

Presidente da Xestora do Partido Popular de Xinzo