O PP de Xinzo, solicita un pleno extraordinario

Grupo popular
O PP de Xinzo, solicita un pleno extraordinario
Para que os cartos de inversión se traspasen a "Bolsa de Emerxencia"

Cando se iniciou o Estado de Alarma e de Emerxencia Sanitaria, co confinamento necesario das persoas, levando ao país a unha parálise económica;

Rexistramos, vía telemática, unha moción para instar ao Concello de Xinzo de Limia que, na maioría do posible, a partida destinada no capítulo de “Inversión” se traspase á “Bolsa de Emerxencia” do orzamento municipal 2020. Despois na Comisión da Covid19 tamén solicitamos o aprazamento de taxas municipais.

Grupo popularLevamos case 50 días de parálise económica, onde moitos sectores están a sufrila; persoas sen traballo, familias que viron reducidos os seus ingresos, autónom@s paralizad@s, Pemes sen traballo,.. E a volta, polas restricións sanitarias necesarias, non augura unha recuperación nin a curto nin a medio prazo.
O Concello de Xinzo de Limia ten que dar un paso adiante, xirar as súas necesidades orzamentarias cara a Bolsa de Emerxencia, tanto para axudar coa economía da veciñanza, aprazar ou suprimir taxas municipais, mercar o material de protección necesario para repartir a nosa cidadanía como están a facer outros concellos, acondicionar os edificios e instalacións municipais para a seguridade tanto sanitaria como laboral de profesionais municipais como de usuarias e usuarios.

Por elo, hoxe rexistramos a solicitude dun Pleno Extraordinario para levar adiante a moción que propuxemos dende o Grupo Municipal Popular ao inicio deste confinamento, para que canto antes, na espera das axudas doutras institucións, o Concello de Xinzo de Limia empece a axudar a nosa xente nesta crise.