O PP VOLTOU A CONGREGAR ÓS SEUS FIEIS NO PAVILLÓN

Mitin PP xinzo
O PP VOLTOU A CONGREGAR ÓS SEUS FIEIS NO PAVILLÓN

López Casas, candidato o senado abriu a quenda de intervencións

Non tivemos medo e a resposta está aquí. Así comezou a súa intervención López casas, para demostrar que o PP, non ten medo a facer os mitins no pavillón, coma sempre, e non como outros que lles chega co salón de plenos .
Logo de agradecer a tódolos presentes , a forza do PP na Limia, que se desprazaran ata o pavillón para asistir o mitin, e como non a tódolos presentes, entre os que se atopaba o Pte. da Confederación Hidrográfica , así como a Conselleira de Medio Rural.
DESFILE DE CANDIDATOS CON SOLO 3 MINUTOS PARA CADA INTERVENCIÓN
Primeiro a candidata ó senado Edelmira Barreira e a continuación o nº 1 da lista o Congreso Miguel A. Viso.
Subiu o estrado despois a Concelleira de Medio Rural, para ademais de explicarlle ós presentes , por que ai que votar o PP, anunciou unha inversión de preto de u millón de euros para cada un dos 6 concellos escollidos pola Xunta para un plan piloto de emprendedores.
ESCRITO DOS MEMBROS DA BRIGADAS DE INCENDIOS PARA A CONCELLEIRA
Mitin PP xinzo3O alcalde de Xinzo Antonio Pérez, na metade do seu discurso saltándose tódolos protocolos entregoulle a conselleira un escrito que lle fixeran chegar os membros das brigadas de incendios de Xinzo,tal e como se comprometerá con eles, solicitando da consellería unha pronta solución da situación que están a pasar.
Finalmente e para pechar o mitin, subiu Xosé M. Baltar para reiterar o apoio en tódalas convocatorias electorais do PP, non solo de Xinzo, se non da comarca, solicitando o voto, non solo dos presentes, se non de todos aqueles que queiran que España continúe na senda do crecemento, como nestes últimos anos.
Durante toda a noite foi o número 3 a cifra máxica repetida e sinalada como obxectivo a conseguir o domingo 20D.