De ALARMANTE, cualifica o PP de Xinzo o informe de intervención

Grupo popular en Xinzo
De ALARMANTE, cualifica o PP de Xinzo o informe de intervención

Tamén di que todo é fruto da mala xesión do goberno cuatripartito

O Partido Popular mostra a fonda preocupación diante do demoledor informe da interventora -contratada fai uns meses por a propia Alcaldesa- no que alerta das irregularidades do Goberno Cuatripartito que ademais segundo a Interventora, esta poñendo en grave risco económico ao Concello de Xinzo de Limia.


Este reparo da Intervención non ten precedente na historia deste concello, sendo un mecanismo excepcional ante actuacións ilegais e anomalías administrativas dos xestores, neste caso Alcaldesa e Concelleiros, apreciadas por a intervención municipal.



Dende o Partido Popular, queremos unha vez mais denunciar a falta de transparencia e as irregularidades nas que, de forma continuada esta incorrendo o Cuatripartito a pesar das innumerables advertencias e informes negativos por parte dos técnicos municipais de que teñen sido acredores.


A piques de rematar os catro anos da lexislatura, xa non teñen a quen botarlle a culpa de todos os males, quedando de manifesto que é inviable soster este cuatripartito, que parece que ten varios alcaldes que van por libre, contratando e gastando sen control para ver cal se situa mellor de cara as eleccións de maio do 23, sin importarlle colocar ao Concello de Xinzo nunha grave situación económica, deixando ao descuberto unha xestión nefasta, interesada e derrochadora do seu Goberno de Coalición que, segundo a interventora superou os gastos correntes no que vai do 2022, nada menos que en 800.000 euros por riba do limite do plan de axuste establecido.


Gastos correntes que no son obras ou inversións, son gastos de tan dubidosa xustificación como, entre outros, a compra de material deportivo nun comercio da capital da provincia que leva varios anos pechado, -e tendo varios comercios deportivos en Xinzo-.

Ou a compra de material bibliográfico para unha empresa de hostalería dun concello limítrofe, é así como axudan ao comercio e a hostalería local?



Pero a cousa vai a peor, o informe da interventora advirte que, no tempo que falta para que remate o exercicio do 2022 previsiblemente vaise producir un importante incremento deses 800.000€ en gastos correntes para os que tampouco haberá partida orzamentaria nin crédito.



O Partido Popular sinala á Alcaldesa, como principal responsable desta situación, e ós membros do Cuatripartito que teñen incumprido reiteradamente os procedementos administrativos practicando unha política escurantista que responde unicamente as súas liortas internas e os seus intereses electoralistas.

Advertíndolles aos membros do Cutripartito e a Elvira Lama, da grave irregularidade que están cometendo ó gastar os cartos municipais pasando por riba dos preceptivos informes de tesoureira e intervención que garanten a legalidade do procedemento, a dispoñibilidade de crédito e o posterior pago aos provedores.


O que podería derivar nunha prevaricación dos implicados neste xeito de actuar, unha vez que o acordo plenario no que se recoñece, por unanimidade a irregularidade administrativa, chegue ao Consello de Contas de Galícia.



Con eses 800.000€ gastados por riba do limite a setembro do 2022, o Partido Popular pregúntase, a canto sae cada selfie, ou cada unha das innumerables fotos e promesas electoralistas incumpridas da Alcaldesa e dos Concelleiros do Cuatripartito.