O PP de Xinzo pide explicacións pola NON apertura das piscinas

piscinas
O PP de Xinzo pide explicacións pola NON apertura das piscinas
Consideramos que non e de recibo que sigan pechadas a mediados de Xullo, despois de innumerables retrasos, escusas e anuncios de apertura inminente dende principios do mes de xuño.

Nota enviada polo PP de Xinzo:

No Partido Popular preguntámonos si nestes tres anos perdidos entre fotos e promesas, a Alcaldesa Elvira Lama non se decatou de que as piscinas municipais teñen que estar abertas durante os meses de verán. O peche das instalacións non so esta creando molestias e enorme malestar social, senón tamén un grave prexuízo económico na vila que ve como ducias de persoas teñen que desplazarse a concellos e instalacións proximais para desfrutar do baño, deixando o pobo, o comercio ou a hostaleria baleira, restando ingresos e posibilidade de negocio nesta época estival que algo podería axudar a minorar as dificultade económicas que atravesan diversos sectores. Censuramos a inacción do grupo de Goberno Cuatripartito, a falta de xestión e a improvisación constante, que nos leva a situacións como a actual do peche das piscinas mentres practicamente todos os concellos da contorna, procederon xa a sua adecuacion, apertura e posta en funcionamento. PISCINA CLIMATIZADA: Por outra banda, rexeitamos e lamentamos a decisión da Alcaldesa de pechar durante os meses de verán as instalacións da Piscina Climatizada, un peche inédito que nunca antes se tiña producido dende a sua apertura, e que tamén esta a producir un grave prexuízo aos usuarios, moitos con tratamentos e recomendacións sanitarias de terapias relacionadas coa natación ou actividades acuáticas nas instalacións climatizadas. O Partido Popular de Xinzo, pregúntase polos motivos do peche das instalacións da Piscina Climatizada, agardando que detrás deste peche non existan motivos economicistas, como o de forzar o peche da Climatizada para que os traballadores da mesma se fagan cargo durante o período estival das piscinas exteriores. Ocurrencias que en linguaxe popular ven sendo o de “desvestindo un santo para vestir o outro”