O PP de Xinzo presenta dúas mocións para o próximo pleno

Grupo popular
O PP de Xinzo presenta dúas mocións para o próximo pleno

.

O Grupo Municipal Popular de Xinzo de Limia rexistrou no día de onte e no de hoxe unha moción e un solicita no noso Concello.

Grupo popularA moción é a mesma que o noso grupo da Deputación presentou para levar a debate e aprobación no Pleno correspondente; moción que insta en todos os seus acordos a que o Goberno Estatal non se apropie dos superávit dos Concellos e dea facilidades para xestionalo por parte das Entidades Locais para que este diñeiro poida ser utilizado en axudas na veciñanza que así o necesiten.

No solicita o noso desexo de que o antes posible se faga a apertura das fronteiras con Portugal que temos máis preto. Axudando así ás nosas empresas ou persoas que teñen negocios ou traballan nas zonas máis próximas do país veciño. Queremos que o Grupo de Goberno faga as xestións necesarias coa Subdelegación do Goberno para conseguir esta apertura.

Para finalizar queremos pedir responsabilidade a todas as veciñas e veciños neste inicio de descofinamento; o virus segue entre nós e temos que tomar as medidas necesarias en cada momento (de compras, de paseo, de terraza,..). Moita xente loitou por nós para salvarnos e poder volver á normalidade.

SEGUNDA MOCIÓN DE APERTURA DE FRONTEIRAS

EXPOÑEN QUE: Unha vez comezada a desescalada das medidas de confinamento e a apertura de fronteiras con Portugal; empresas e veciñ@s de Xinzo, que teñen negocios ou traballo no país veciño, encóntranse coa problemática de ter que desprazarse ata a fronteira de Feces de Abaixo (Verín).

SOLICITAMOS QUE:O Grupo de Goberno do Concello de Xinzo de Limia faga as xestións necesarias coa Subdelegación do Goberno en Ourense para que as fronteiras dos municipios lindeiros ao noso Concello sexan aperturadas o antes posible polo ben da nosa xente que ten traballo ou negocios nas zonas de Portugal cercanas a nós.