O PP de Xinzo, volve a queixarse do trato do equipo de goberno, por reixeitar discutir as súas propostas e mocións en pleno

Grupo Popular de Xinzo
O PP de Xinzo, volve a queixarse do trato do equipo de goberno, por reixeitar discutir as súas propostas e mocións en pleno
Privan ao Grupo Municipal Popular ao debate da maioría das mocións que presenta para cada plenario.

Este xoves celebrarase o Pleno Ordinario do mes de abril, como é costume do noso Goberno Municipal convócao con retraso; desta vez son dúas semanas. Un Pleno censurado unha vez máis, pola Alcaldesa e os concelleiros gobernantes, que privan ao Grupo Municipal Popular ao debate da maioría das mocións que presenta para cada plenario.

Desta vez denegaron ao seu debate no Pleno ás seguintes mocións:

-Moción de mellora nas subvencións para as nosas asociacións ou conceder subvencións ás entidades que o Grupo de Goberno decidiu deixar fóra por motivos que non explicou na comisión informativa; afirmando que ao ser nominativas son eles quen deciden a quen se dan e a quen non, e as contías que conceden.

-Moción para dar solucións aos problemas de lixo na zona das rúas San Roque e Blanco Amor. Menos mal que se conseguiu polo menos un contedor de cartón e papel.

-E para rematar quedou fóra a nosa moción de transparencia, onde ao final os Grupos da Oposición seguiremos censurados, só se debaterán os temas que lle interese ao Grupo de Goberno, ocultando á cidadanía as propostas de todos os grupos políticos municipais. A maiores de non recoller as nosas verbas nas notas de prensa de cada Pleno.

A Alcaldesa renovou fai un días ao marido da “Matriarca socialista limiá” Dna. Laura Seara. A empresa de D. José Carballo, levará un ano máis a comunicación do Concello, ou mellor dito, seguirá facendo campaña de “Autobombo” de Dna. Elvira Lama, dando igual a veracidade do que se publica en cada nota de prensa. O importante é vender que fago moito cando non fago nada.

Deixando de lado e menosprezando ao resto dos concelleiros do Grupo de Goberno e censurando as verbas e o debate real dos Grupos da Oposición; como é costume nas ditaduras ou en gobernos déspotas.