O Partido Popular de Xinzo de Limia reitera de novo o seu malestar polo estado de total abandono que sufre o parking disuasorio instalado na rúa Curros Enriquez.
O portavoz do grupo Popular, Antonio Fernandez Veiga, califica o estado no que se atopa dito parking de deplorable e calamitoso, cheo de fochancas e buratos en toda a súa superficie en xeral é en particular nas súas entradas e saídas, acadando todo el unha situación cercana a ser considerada como intransitable.
Dendo o grupo Popular consideremos que xa non é de estrañar que as poucas obras ou servizos que leva realizado o equipo de goberno non teñan continuidade en relación ó seu mantemento, sendo o estado catastrófico de dito parking un exemplo máis desta desidia.
O portavoz do Partido Popular entende que coas escasas choivas acaecidas este ano o arranxo xa debería estar feito e non demoralo máis.
Retrátase unha vez máis un goberno cuatripartito que mira cara outro lado facendo caso omiso das necesidades, obras e servizos que lle fan fallas ós nosos veciños/as, deixando patentente de novo a ineficacia de xestión de quen goberna (que non xestiona) este concello.