O PPdG de Xinzo acusou ao goberno de Elvira Lama de enganar ao Ministerio de Facenda cos presupostos presentados

Grupo Popular
O PPdG de Xinzo acusou ao goberno de Elvira Lama de enganar ao Ministerio de Facenda cos presupostos presentados

Toni Fernández, portavoz do grupo, recordoulle a Elvira o que ela decía nos plenos cando o seu grupo facía una modificación de créditos.

Na súa primeira intervención no pleno tirou de hemeroteca para recordarlle a alcaldesa o que ela decía, o mesmo que os seus compañeiros de gobernó, cando o PP solicitaba una modificación de créditos. falta de previsión”,era o menos que lle dicía, espetándolle na súa intervención Se aquilo era “falta de previsión, como podemos chamar a isto, cando se trae esta modificación en menos de tres meses de aprobar os orzamentos 2021.

. Fai tres meses non sabían que as partidas do capítulo II non chegaban?

-Si que o sabían, pero había que enganar ao Ministerio de Facenda para cadrar as contas e aprobar os orzamentos.

. Fai tres meses non sabían que obras ían levan adiante par aumentar o capítulo de inversión?

-Si que o sabían, por qué xa se fartaron de anuncialas na prensa e nas RRSS.

Tamén recordoulle que o día 14 de maio xa lle anunciou que antes que remate o ano volverán a solicitar outra modificación de créditos

Na súa segunda intervención acusou ao goberno municipal de que na súa xestión existe unha cortina de fume.

Cortina de fume para mentirlle ao Ministerio, cortina de fume para mentirlle ao noso sector empresarial negando ás axudas necesarias, cortina de fume deixando de lado ás reclamacións do persoal laboral deste Concello, cortina de fume para facer efectivos os grandes soldos de Alcaldesa e Concelleiro de Facenda ou a creación de chiringuitos. Cabe agradecer que o Concelleiro de Urbanismo dese un paso ao lado para cobrar deste chiringuito.

Tran unha modificación de crédito a este pleno, para parchear a súa nula xestión económica, cos sindicatos manifestándose na porta deste edificio, autónomos e pemes afogados con axudas municipais ridículas, obras a medio facer, o padrón en caída libre, o parque empresarial abandonado, queixas da veciñanza pola prepotencia e menosprezo no trato da Alcaldesa e algún membro do goberno.

Por último tirou de ironía dicindo, en dous anos, trouxeron 3 modificacións que suman máis de millón e medio de euros a cargo do superávit e do remanente de tesourería. Que mal estaba este Concello, pero o millón e medio está aí, os seus soldos están aí e os 9 millóns de € que gastarán este ano están aí. Deixen de mentirlle á veciñanza e empecen coa transparencia que nestes dous anos reloce pola súa ausencia.