As Praterias bailou cos ritmos da Agrupación Musical da Limia

IMG-20180817-WA0001
As Praterias bailou cos ritmos da Agrupación Musical da Limia

Na tarde de onte nunha das prazas emblemáticas de Santiago

Os membros da Agrupación musical da Limia participaron dentro do programa “Música no Camiño” da Xunta de Galicia cunha actuación na praza das Praterías de Santiago facendo vibrar a tódolos presentes, a meirande parte turistas que abarrotaban a praza.

Despois de rematar o repertorio preparado tiveron que facer 4 bises entre eles o afamado “despacito”, adaptación feita polo director da banda.

IMG-20180817-WA0002