A praza Carlos Casares quedouse pequena
Para todo o público que quixo asistir a gala Dazón 2022
Como xa é costume fai anos a academia Dazón de Xinzo, “obsequia” aos veciños da vila e comarca cun festival de fin de curso onde participan todo o alumnado, dende os máis pequenos ata os menos, que durante todo o ano asisten as diferentes modalidades de expresión artística, todas elas baseadas na música e no baile.
Rock, flamenco, clásico... todos estilos vense porriba do escenario de Danzón, ano tras ano con moitas gañas, e sobre todo este post-pandemia.
ARADECEMENTO AOS PATROCINADORES

A directora da academia abriu o festival agradecendo ao público a súa asistencia, a asociación Limisi, colaboradora nesta edición co posto de bebidas e bocadillos así como a todos os patrocinadores, sen os cales o festival non podería saír adiante.
Dende os mais cativos ata os máis veteranos, todos foron desfilando sobre o escenario demostrando un ano máis todo o feito durante o curso.
As previsións de público asistente quedáronse pequenas ante a afluencia masiva de veciños e veciñas, e sobre todo familias enteiras dos máis pequenos, que non defraudaron, como é costume nestes festivais.

Rematou o festival con sorteos despois da actuación dos máis veteranos, que quixeron a vez agradecer a dedicación da directora a causa, entregándolle un agasallo.