Premio de cociña para un grupo de alumnos e alumnas do Carlos Casares

296
Premio de cociña para un grupo de alumnos e alumnas do Carlos Casares

Acadaron o terceiro posto nun concurso a nivel galego do SERGAS

Hai un par de meses, o alumnado de 5ºA do CEIP CARLOS CASARES de Xinzo , realizou un video elaborando unha receita de cociña para participar no certame educativo "Chefs Saudables", organizado polo Sergas. Completaron o proceso de elaboración dun bo prato: foron mercar os produtos, elaboraron a receita e degustárona.

A sorpresa chegoulles esta semana cando lles comunicaron que obtiveran o terceiro premio na súa categoría a nivel Galicia. Xa de vacacións tiveron que trasladarse ata a capital de Galicia para recoller o premio.

297

A dirección e o profesorado do centro queren transmitir a súa ledicia, felicitando a vez aos rapaces e rapazas que o conseguiron.