Preocupación do PP de Xinzo polo estado dos muros do campo de fútbol

Cierre campo futbol José A. Carrera
Preocupación do PP de Xinzo polo estado dos muros do campo de fútbol
O Partido Popular pídelle ao Concello de Xinzo, que revise os muros das instalacións deportivas, particularmente o perímetro do Campo Jose António Carrera na Moreira

Temos constancia, por as informacións de algúns pais dos nenos que utilizan as instalacións, e por diversos deportistas, que fai mais dun ano xa lle advertiron ao Concelleiro de deportes, que abanea algún tramo do muro de bloques, de mais de 40 anos de antigüidade e dous metros de altura, do campo de herba artificial Jose António Carrera.
A data de hoxe, non lles consta que o Concelleiro de deportes e o Goberno de Elvira Lama, atenderan esta demanda, motivo polo que se puxeron en contacto co Partido Popular.


Que preguntaremos no próximo Plenario si se fixo esta revisión, e no seu caso pediremos o informe técnico.


En caso contrario o Partido Popular solicitara unha revisión completa dos muros do Jose António Carrera, e o informe técnico da mesma. Asi como que se amplíe esta revisión a todas as instalacións escolares, deportivas, de lecer e mesmo de edificios que ameacen ruína.


De certificarse a mobilidade do muro do Jose António Carrera, solicitaremos a sua consolidación por representar un potencial perigo, que mesmo podería ocasionar danos imprevisibles, que hoxe desgraciadamente están de actualidade despois do grave accidente no instituto Julio Prieto Nespereira que ten consternada a toda a poboación, nomeadamente a comunidade educativa, e que lle custou a vida a un neno de 13 anos e feridas a outro.


Ao respeito deste accidente o Partido Popular de Xinzo queremos aproveitar este comunicado para mostrar a nosa fonda consternación e condolencias aos familiares e amistades do neno falecido, e unha completa recuperación do neno ferido.