"A presa de anunciar algo irreal demostra unha vez máis o deixados e irresponsables, que son os gobernantes municipais" (PP)

Grupo popular
"A presa de anunciar algo irreal demostra unha vez máis o deixados e irresponsables, que son os gobernantes municipais" (PP)
O grupo do PP presentou unha moción para tratar no seguinte pleno

Cantas veces leva o Grupo Municipal Popular advertindo de que para o Grupo de Goberno do Concello de Xinzo de Limia o que importa e vender fume.

Na prensa de hoxe atopamos por un lado como o Grupo de Goberno do Concello de Xinzo de Limia anuncia un expediente de cooperación coa Deputación por valor total de 150 mil € par o arranxo de pistas; e por outro lado vemos o desmentido do mesmo , por parte da Deputación de Ourense, xa que non se entregou toda a documentación necesaria en tempo e forma por parte do noso Concello, aos técnicos Provinciais.

Pero os verdadeiros prexudicados son os veciños e as veciñas de Xinzo; onde unha vez máis se alimentan de falsas ilusións, truncadas pola presa de anunciar algo irreal e que demostra unha vez máis o deixados e irresponsables, que son os gobernantes municipais. Orzamentos, subvención luminarias, ... e agora esta cooperación; son casos que o demostran. Documentación non entregada ou xustificada fóra de prazo.

Cremos que este expediente de cooperación entre a Deputación e o Concello é demasiado importante como para perdela por deficiencias na documentación presentada e no prazo estipulado; deficiencias que deben emendarse o antes posible.

Non entendemos como o Grupo de Goberno anuncia un acordo coa documentación incompleta e fóra de prazos. Pero o que importa é a necesidade desas actuacións polo ben da nosa cidadanía. E debemos chegar a un novo acordo coa Deputación Provincial de Ourense.

O Grupo Municipal Popular da un paso adiante e volve demostrar que o primeiro é a nosa veciñanza, hoxe rexistramos unha moción para solucionar esta problemática, onde esperamos aprobar no vindeiro pleno, se fose necesario nun plenario extraordinario urxente, os seguintes acordos:

1.- Instar a Deputación de Ourense a que permita ao Concello de Xinzo de Limia a corrección das deficiencias de documentación para que o expediente de cooperación acordado e iniciado poda materializarse.

2.- Instar ao Concello de Xinzo a que corrixa o antes posible as deficiencias na documentación presentada para que o expediente de cooperación acordado e iniciado coa Deputación de Ourense se leve adiante.