Presentación da campaña de Nadal de Prolimia 2022

Presentación campaña Nadal 2021
Presentación da campaña de Nadal de Prolimia 2022
Mañá 29 de outubro ás 13:30, na casa do Concello de Xinzo

ProLimia, como ven facendo nos últimos anos realiza unha campaña de Nadal para os comerciantes e empresas que forman parte da asociación en colaboración coa concellería de Comercio do concello de Xinzo de Limia.

Recordar a existosa campaña levada a cabo o ano pasado das tarxetas pro comercio local con desconto do 30% que deixaron no comercio local 30.000 €.

Todas as accións preparadas para este ano serán presentadas conxuntamente polo concello e a asociación nun acto a celebrar mañá ás 13:30 no Salón de Plenos do Concello.

O único que se sabe da campaña e que este ano non haberá outra vez o das tarxetas e que haberá un concurso de escaparates entre os comercios que se anotaron a campaña que suma preto do medio cento.

Tamén anuncian que haberá unha actividade que nunca se viu en Xinzo e que sorprenderá a “propios e estraños” esperando sexa do agrado de todos os veciños e veciñas, non solo de Xinzo, se non de toda a Limia