“Primarias” no PP de Xinzo

Logo_Web(5)
“Primarias” no PP de Xinzo

Todos os que queiran ser candidatos pódense presentar ata as 6 da tarde do mércores

O Comité executivo do PP de Xinzo está convocado para o mércores as 20:00 para votar o candidato a alcaldía polo partido nas eleccións do mes de maio.

Aqueles que queiran presentarse, poden facelo ata as 18:00, segundo puido saber dendealimia.com.

Durante estas semanas nos diferentes medios de comunicación vense especulando cos posibles candidatos, dos que parece, todo son especulacións.

Todos os medios falaron de candidatos de antaño que volverían a política activa e nas quinielas entraban tamén membros da corporación local, incluído o actual alcalde. Tamén nos medios se referían a outros concelleiros actuais que non encabezarían a lista por estar vetados. Todo especulacións.

Dende o noso xornal, quixeramos poñer “porriba do tabuleiro” algún nome do que ninguén falou que estaría na carreira, neste caso una muller. Sería a primeira vez que o PP presentase a una muller. Esta persoa estaría dentro do perfil de idade e profesión que si se están a barallar para candidato, 35/45 anos empresaria e traballadora nunha oficina (case pública), moi coñecida en Xinzo e na comarca e de total confianza de Antonio Pérez, que parece ser a condición indispensable para poder a persoa desiñada como candidato u candidata.

O que si sabemos tmaén e que ese día debería todo quedar rematado posto que o Presidente Feijoó quere presentar en Santiago a todos aos 313 candidatos as alcaldías polo PP en todo Galicia.