A primeira edición do festival Reina Loba atrae a ducias de persoas en Os Blancos

blancos2
A primeira edición do festival Reina Loba atrae a ducias de persoas en Os Blancos

Dende o xoves ata o sábado pasaron polo festival máis de 600 persoas chegadas de Galicia, Madrid, Burgos e mesmo Granada.

Logo de tres días de música, artesanía e cultura, o Reina Loba chega o seu fin nesta primeira edición. Dende o xoves pasaron polo escenario grupos da zona como Mildeu e outros chegados dende todas partes de España como Papawanda ou Mundo Chillón. Non había idade para asisitr ó festival con música para todos os gustos con concertos, actuacións de charangas da Limia e como non, música tradicional da nosa terra.

concertoTan só fixo falta equiparse con roupa de inverno para paliar as baixas temperaturas destas noites.

Un paseo polo mercadiño de artesanía permitíache ter a oportunidade de mercar produtos feitos por artesáns da comarca e outros chegados dende máis lonxe. Xoias, roupa, retratos ou mesmo tazas para tomar o café, un pouco de todo.

Con tanto baile e pase ábrese o apetito e aflora a sede. A xente da tapería O Gaiteiro de Xinzo de Limia xunto cun posto de filloas salgadas e doces duns mozos chegados de fóra, foron os encargados de alimentar as máis de 200 persoas que cada día se pasaban polo festival.

O primeiro ano do Reina Loba superou con éxito as súas expectativas en canto a público. A xente que se achegou, gozou de multitude de actvidades dende as 11 da mañá ata as 6 da mañá. Con todo a filosofía ecolóxica do festival mantívose. O recinto estaba limpo e para axudar a reciclar as latas mesmo se podía crear arte.Blancos3

Detras da organización do evento atópase o grupo de doce rapaces que integran Matrioska. Escultores, pintores, fotógrafos...que contaron coa axuda de voluntarios e o concello de Os Blancos, entre outros, para por en marcha o festival.

Baixo o ceo estrelado e con poucos grados de temperatura, así se despediu o primeiro ano do Reina Loba.