Primeira “victima” da anunciada campaña da DXT en Trasmiras

ambulancia-24116
Primeira “victima” da anunciada campaña da DXT en Trasmiras

Foi un conductor de ambulancia que deu positivo en cannabis

Ao volante dunha ambulancia e drogado. Un condutor dun vehículo de emerxencias foi sorprendido pola Garda Civil de Tráfico, ás 2.53 horas da pasada madrugada, cando circulaba pola autovía dás Rías Baixas, a A-52, á altura do termo municipal de Trasmiras, en sentido Vigo. O home, de 27 anos, deu positivo en cannabis na proba de drogas. Son 1.000 euros e 6 puntos menos do carné.

Ademais, o infractor tamén será sancionado por non ter permisos para circular con este tipo de vehículos. O control enmárcase na vixilancia máis intensiva de Tráfico con motivo da operación especial do 15 de agosto. A DXT prevé case 700.000 desprazamentos en toda Galicia.