As probas para Policía Local comezarán en breve

As probas para Policía Local comezarán en breve

A principios da semana que vén prevese que estean as listas de admitidos e excluidos definitivamente.

A semana que vén esperan na Secretaría do Concello poder publicar as listas definitivas de admitidos e excluídos para as dúas prazas da Policía Local.

É preciso lembrar que nas listas provisionais eran 102 os aspirantes ás dúas prazas.

Unha vez publicados os e as aspirantes formarase o tribunal cualificador e comezarán as probas canto antes, para poder contar cos novos efectivos o antes posible.

Como xa aparece nas bases do concurso-oposición, a primeira proba será a o exame teórico e, por último, serán as probas físicas.