domingo. 29.01.2023

    Os veciños e veciñas da Limia andaban nerviosos porque non lles saían as contas á hora de mirar o reloxo do Entroido e o calendario. Todo se debeu a un erro informático que está retrasando o arranxo da conta atrás máis agardada na vila.

Faltan 53 días para o Petardazo o día 16 de xaneiro, contando dende hoxe martes. Pola contra o reloxo contabiliza que faltan 67 días para que comece o festexo.

Dende o concello sinalan que ó longo desta semana o problema quedará solucionado.

Comentarios