Problemas no reparto de butano na comarca

Problemas no reparto de butano na comarca

Moitas queixas, moitos retrasos e moitas reclamacións

Fai cuestión de dúas semanas que comezaron os problemas na distribución de bombonas de butano a domicilio.

A empresa que ata agora viña realizando o reparto de butano a domicilio na comarca da Limia dende Xinzo, deixou de facelo por problemas internos da empresa. Nese momento o reparto, aínda que sae dende Xinzo lévao agora unha comercializadora de Ourense, pero nin ten oficina en Xinzo. As persoas que agora se encargan atenden nun telefono que os usuarios non teñen, e cando o conseguen as respostas son variopintas.

48 HORAS E DEIXA OS CARTOS DEBAIXO DA BOMBONA

Os afectados acoden as antigas oficinas para pedir explicacións e o único que se lle di e que se poñan en contacto co telefono que lle indican, no que segundo algunha das persoas que xa chamaron dinlle que en 48 horas pasará o camión de reparto, sen dar a hora e indicándolle que deixen os cartos da bombona escondidos debaixo.