Por seis votos a favor o presidente de idade da mesa , unha vez rematada a votación, correspondeulle nomear a persoa que tiña mais apoios dos concelleiros presentes, que era el mesmo.
Recollido o bastón de mando, neste caso de mans do secretario Felipe Traveso, xa alcalde deulle a palabra ós portavoces do PP e do PSOE.
O representante do PP, deulle a benvida ós novos concelleiros, felicitou o alcalde polos apoios recibidos e desexoulle que seipa guiar ben os destinos do Concello.
Tomou logo a palabra o representante do PSOE, que apoiou o alcalde co seus votos para dicir que este era un momento histórico para Sandiás. Hoxe este pobo sae dunha longa noite de pedra.
Despois tomou a palabra o novo alcalde , cabeza de lista de AGRELSAN, para confirmar as verbas do PSOE, en que era realmente un momento histórico , para el mesmo, para a súa familia e para a xente de Sandiás.
Hai xente que está aquí presente que non coñeceu na súa vida outro goberno que non fora o PP.
Esperamos estar a altura das expectativas que creamos neste concello, o cal terá as portas abertas para todos, non solo para os concelleiros, se non para calquera veciño. O Concello non é noso, é de todos.
Agradeceu o apoio do PSOE, e rematou dicindo que esperan non equivocarse moito, pero cando así sexa, non será intencionadamente.
Rematou o acto cun aplauso moi sentido polos veciños e representantes de outros concellos que acudiron a Sandías enchendo “ata a bandeira” o salón de plenos do Concello.