Á procura de novas ruralidades
Conmemórase a Soidade de María; lémbrase de maneira moi especial a dor, pero tamén a valentía e a fe; faise mención do descenso de Xesús ao abismo ou aos infernos, mencionado no Credo; en recordo disto, faise a bendición do lume e da auga pola noite.

Subimos por As Lamas cara ao Monte de O Viso para ver algunhas bocas das minas, túneles, chemineas e tamén visitamos neste lugar a sepultura antropomorfa, as enormes moles de pedra (Pena da Moura) e gozamos desta contorna compartindo unha tarde espectacular, lendas e algún que outro dato da natureza e histórico deste espazo no que se sitúan varios xacementos de diversa adscrición e tipoloxía.

Unha celebración máis dunha semana especial na que o pobo estivo cheo de xente, persoas que vivindo noutros lugares aproveitan estas datas para seguir mantendo o vínculo con este lugar e traballan por facer do seu pobo un espazo acolledor e entrañable. Unha gozada escoitar durante a marcha a algunhas nais contando aos seus fillos, sobriños, as súas historias cando de nenos viñan por aquí pastoreando; un luxo que artistas como Rosalía e Julen dedicasen estas vacacións para pintar unha parte do vello palco das festas; unha escola viva ver a algunhas familias facendo o percorrido polo pobo cos códigos qr ou a súa presenza aquí para ter un contacto co noso medio rural; un deleite contar cun veciño arcebispo para celebrar os oficios propios da Semana Santa. A todxs moitas grazas e a seguir construíndo o “paraíso”, contribuíndo a xerar novas ruralidades.
