A PRODUCIÓN AGRÍCOLA DA LIMIA EN RISCO POLAS CHOIVAS.

finca anegada
A PRODUCIÓN AGRÍCOLA DA LIMIA EN RISCO POLAS CHOIVAS.

ADEGAL traslada á Consellería do Medio Rural a problemática existente en busca de solucións alternativas.

A Limia, considerada o graneiro de Galicia e a principal comarca produtora de pataca, ademais de ser base de provisión de diversas Indicacións Xeográficas Protexidas, está a sufrir as consecuencias das choivas persistentes das últimas semanas.

A pesares de que os danos son evidentes, os asolagamentos impiden o tratamento dos cultivos contra enfermidades, pragas e malas herbas, e por tanto, ata que remitan as precipitacións non se poderá establecer a viabilidade dos mesmos, así como a valoración económica das perdas.

Dende ADEGAL déuselle traslado á Consellería do Medio Rural da problemática existente no sector agrícola da comarca, solicitando a valoración conxunta cos seus técnicos dos prexuízos económicos e a posibilidade de autorizar excepcionalmente o tratamento aéreo con drons con produtos fitosanitarios.