O programa do CDR O VISO de axuda na busca de emprego continúa en febreiro

clase
O programa do CDR O VISO de axuda na busca de emprego continúa en febreiro

O primeiro obradoiro de animación sociolaboral celebrouse o martes 19

O próximo 2 e 3 de febreiro terá lugar a sesión de autocoñecemento para ver as aptitudes, actitudes e motivacións dos participantes que están buscando emprego. A intención e potenciar as súas posibilidades de procura e xeración de oportunidades de emprego. O obradoiro terá lugar de 9.30 a 13h ámbolos dous días na aula 7 da Casa da Cultura de Xinzo.

O CDR O VISO pretende así axudar a todas as persoas que están buscando un emprego, tanto na procura como en detectar oportunidades.

O Proxecto Re-invéntate, como se denomina este programa, xa deu comezo o día 19. Nesta xornada traballouse a animación sociolaboral en grupo, que segundo anuncian dende a organización, terá un par de sesións mensuais o primeiro martes e mércores de cada mes. Neste día no que comezou o proxecto, os participantes puideron coñecer en que consiste e trataron conceptos como a loita contra o desemprego.

A intención é ofrecer un espazo aberto a aquela xente que precise coller forza para procurar emprego contando con profesionais que os guían e acompañan na súa busca laboral.

As persoas que queiran participar nestes obradoiros poden anotarse poden facelo no enderezo electrónico nareasocial@cdroviso.org. Se o prefiren poden chamar ó 988 46 15 71 ou pasarse polas oficinas do CIX da Limia (Praza Maior, 1 – 1º A e C) en horario de 09:00h a 14:00h e de 16:00h a 18:00h de luns a venres.