O programa “A gastronomía galega fai camiño” presentouse en Couso Galán

IMG_9010
O programa “A gastronomía galega fai camiño” presentouse en Couso Galán

Organizado pola asociación dos GDR de Galicia

Bibiana Conde en representación da asoc.. De GDR de Galicia deu a benvida ao Pte. do GDR-10, Gumersindo Lamas, alcalde de Sarreaus así como a todos os presentes, representantes de restaurantes do camiño da Prata que abrangue o GDR-10 Limia Arnoia.

IMG_9005O programa “A gastronomía galega fai Camiño” forma parte do programa O teu Xacobeo impulsado desde a Xunta de Galicia e estase a desenvolver dende a asociación de Grupos de Desenvolvemento de Galicia GDR.

Este programa arrancou no GDR-10 e consistiu na presentación/degustación de pratos con produtos de cada zona por onde pasa o camiño da Prata.

Os obxectivos do proxecto son:

.- Elaboración dunha guía de pratos tradicionais con produtos locais e de tempada para ofrecer aos peregrinos.

.- Presentar esa guía a os demais camiños e recompilalos na páxina do Xacobeo 21.

VISITA A ALDEA COUSO GALÁN

Antes de comezar a degustación servida neste caso por un dos establecementos hoteleiros que están no camiño da prata, a directora do mesmo fíxolle aos presentes un percorrido pola aldea, explicando como foron os comezos da rehabilitación nunha exposición fotográfica colgada no restaurante.

Logo pasouse a degustación dos pratos nesta ocasión realizados polo chef do complexo hostaleiro.

IMG_8990

O presidente do GDR-10 Gumersindo Lamas agradeceu que este primeiro acto se realizara tanto no GDR-10 como neste caso nun establecemento do seu Concello, Sarreuas.

Estiveron presentes outros técnicos de outros GDR de Galicia aos que lle explicaron tamén o desenrolo futuro do programa dentro das comarcas que eles representan.

gdr-couso galan 2gdr-couso galan 1