Prohibidas as viaxes por turismo a Portugal

Montalegre
Prohibidas as viaxes por turismo a Portugal

Dende as 00:00 do día 30 ata as 00:00 do día 4

O Goberno de Portugal acaba de aprobar un decreto que prohibe a circulación fora de cada Cámara portuguesa, tanto para os que convivan nela, como dos transeuntes, que non sexa por motivos de traballo.

Non están permitidas as saídas turísticas durante este tempo, aínda que si acudir a eventos culturais (se leva a entrada que o xustifique) ou para abandonar o país ou volver a casa. Tampouco se poderá ir a feiras (a maioría están suspendidas) ou a pasar un día e calquera estranxeiro que circule sen poder acreditar algunha destas xustificacións exponse a ser multado.