ProLimia, busca directiva

Membros da directiva de PrLimia na asemblea do 25.01.22
ProLimia, busca directiva

A directiva actual cesará nos seus cargos o 28 de febreiro.

ProLimia tivo unha asemblea xeral, onte 25 pola tarde na que entre outras cuestións presentaron a súa dimisión as actuais membros da xunta directiva.

No mesmo acto convocouse a unha asemblea xeral para o día 8 de marzo no que se votarán as candidaturas que se presenten para seguir levando o temón da asociación os próximos anos.

Dende onte a noite xa se poden ir presentando as candidaturas a xunta directiva que se votarán ese día.

Os presentes agradeceron o traballo levado a cabo polas membros da directiva actual, solicitándolle ao mesmo tempo a súa continuidade, ao que argumentaron que tiña que haber ideas novas que leven adiante o conseguido neste último ano e medio, que foi moi bo, para a continuación da asociación, con dúas accións puntuais que resultaron moi efectivas, como foi a feira do comercio no verán e a campaña de Nadal recen rematada.