domingo 22/5/22

Na asemblea celebrada na tarde noite do día 25 de xaneiro  o primeiro punto da orde do día foi a dazón das contas da campaña do comercio de Nadal, a cal foi cualificada por todos os presentes de moi exitosa. Recordar que as 600 tarxetas duraron escasos 4 días.

No segundo punto informaron que cos cartos que hai neste momento a fin de ano nas arcas da asociación, un pouco máis de 3.000 € farase a campaña de S. Valentín, consistente en facer rascas por valor desa cantidade, “rascas” que serán entregados polos comerciantes aos seus clientes, sen ter que facer compras.

Cada socio terá dereito a 20 rascas. Nos 3.000 que se regalarán haberá os seguintes premios:

100 de 5 €           50 de 10 €           50 de 20 €           20 de 50 €

Os “rascas” terán que ser gastados no comercio local na semana anterior ao S. Valentín.

NOVA CUOTA DE SOCIO DE 50 €/ANO

Tamén a asemblea aprobou, a proposta da xunta directiva a suba das cotas anuais de socio a 50 €, couta que se pasará ao cobro o 15 de febreiro.

Como final da asemblea, como xa dixemos a xunta directiva actual, que colleu voluntariamente  as rendas da asociación fai ano e medio polo pasamento do que naquel momento era o presidente, anunciou a súa renuncia para o próximo 28 de febreiro convocando xa eleccións o 8 de marzo.