ProLimia esmorece

IMG_9783
ProLimia esmorece

O que hai menos de dous anos parecía ser a definitiva unión do pequeno comercio e a hostalería da Limia baixo o nome de ProLimia, resulta que despois deses escasos dous anos de vida, neste momento está totalmente moribunda.

Na tarde do venres un grupo de socios, eso si, divididos en dous bandos se reunian , en asemblea xeral para elección de nova directiva. Ninguén quere facerse cargo da mesma. Ata o último momento solicitouse aos socios que alguén botara man dela, pero todos saíron do local entre reproches mutuos, pero coa asociación nunha situación anómala e sen saber que vai ser dela.


Prolimia xurdira das cinzas da outra asociación que levaba tamén morta varios anos e despois de varios intentos botou a andar cunha forza, pouco afeita na Limia, o que non facía presaxiar este final aos escasos dous anos da súa fundación. Só queda esperar que despois deste “funeral”, alguén recapacite e se de conta que unha asociación, non é para solucionar problemas persoais do seu negocio, se non para poñer o ombreiro e tratar de contribuír a sacar adiante o seu, pero con axuda dos demais e viceversa.