Campaña Nadal
Esta Campaña empeza o día 1 de Decembro de 2022 e rematará o 7 de Xaneiro de 2023.
Este ano ProLimia en colaboración co Concello levará a cabo varias accións que serán novidades.
A primeira delas será un concurso de escaparates que terán premios para os tres mellores. A temática será libre, predominando a cor branca.
GRAN CHOCOLATADA
O día 26 a partir das 19:00 na praza Maior haberá unha degustación de chocolate con churros para 500 persoas. As invitacións a chocolatada entregaranse polos comercios que se den de alta na campaña de Nadal aos seus clientes. Cada negocio que entre na Campaña terá un talonario de invitacións para que reparta entre os seus clientes.
Ós días 23 e 24 de decembro Papa Noel viaxará nun coche percorrendo as rúas de Xinzo parándose nos comercios que se anoten na campaña para que os nenos e nenas poidan saudar a Papá Noel e poder sacar fotos.
Black Friday
Con respecto a do 26 de novembro, ademais dos descontos propios do Black Friday e para favorecer as compras a todos os veciños e visitantes, os comercio manteranse abertos durante todo o día.
Cada negocio ofrecerá os descontos que crea convinte.