ProLimia, volve convocar aos seus socios

montaxe final
ProLimia, volve convocar aos seus socios

Na orde do día está a celebración da II Feira do Comercio

A directiva de ProLimia, convoca aos seus socios a unha reunión o próximo luns 13 ás 20:30 no salón de Plenos do concello para, no seu caso aprobar as propostas que acordaron onte na reunión da xunta directiva.

FEIRA DO COMERCIO EN AGOSTO

Un dos puntos da orde do día é a celebración por segundo ano consecutivo da Feira do Comercio que terá como data o último fin de semana de agosto. É de esperar que despois do éxito acadado o ano pasado, iso espera a xunta directiva, que sexan moitos os establecementos que participen nesta edición.

VARIAS CAMPAÑAS MÁIS

Tamén porán en coñecemento dos socios a posta en marcha de varias campañas máis dirixidas ao comercio, como son OS DÍAS AZUIS e unha nova campaña de Verán.