Protestas formais e por escrito de usuarios das piscinas

Panorámica piscinas veran 2021
Protestas formais e por escrito de usuarios das piscinas

Son múltiples, segundo os denunciantes as anomalías e desperfetos nas piscinas públicas de verán.

Un grupo de pais e nais de rapaces e rapazas usuarias asiduas das piscinas municipais, veñen de presentar un escrito no concello, denunciando e lamentando o estado en que se atopan, tanto o vaso da piscina dos pequenos como a dos maiores.

PERDIDA DE 5.000 LITROS DE AUGA DIARIOS

IMG_20210723_134934

Segundo os denunciantes, que solicitan do concello a inmediata solución dos problemas que acaecen nas piscinas e que non son de novo.

A primeira cuestión foi que na semana pasada estivo pechada a piscina dos pequenos 5 días, debido a unha rotura, segundo dixeron do conduto de control do Ph.

Segundo manifesta o portavoz dos asinantes, varios rapaces sufriron cortes dentro do propio vaso da piscina, polo mal estado das lousas, cuestión, que non é nova, pero que ninguén solucionou todavía